Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xeira do IEM polo “Camiño Real”

Xeira do IEM polo “Camiño Real”

Correo-e Imprimir PDF
cruceiro trinidad

Este mércores 5 de agosto terá lugar unha visita guiada do Instituto de Estudos Miñoranos polo Camiño Real guiados por Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño e Carlos Méixome, integrantes do IEM. O punto de encontro será ás 18 horas na Ponte da Ramallosa. A actividade non require inscrición previa.

As estradas ou camiños reais foron rutas principais de comunicación terrestre, no Antigo Réxime, entre poboacións importantes ou estratéxicas, promovidas ou construídas por intervención rexia.

Na que ocupa este percorrido fixéronse grandes investimentos e melloras no século XVI. Saía de Baiona e pronto se bifurcaba. Percorrerase parcialmente e ao longo da camiñada viisitaranse espazos e construcións de gran valor histórico e patrimonial para nosa bisbarra.