Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda #Baiona : O festival multiartístico “Son da Rúa” abrirá as festas de San Lourenzo en Belesar.

#Baiona : O festival multiartístico “Son da Rúa” abrirá as festas de San Lourenzo en Belesar.

Correo-e Imprimir PDF
marcando pasos

Pasarrúas, teatro, danza, mercadillos e moita música formarán parte do programa que dende as 12 horas do sábado 8 de agosto dará comezo ás catro xornadas que abranguerán as Festas de San Lourenzo de Belesar.

De 12 a 14 horas, terán lugar pasarrúas co grupo tradicional A Merced da parroquia gondamarense de Chaín. Ao finalizar dará comezo un xantar popular até as 16:30 cando comece a mostra de cervexa artesanal do Val Miñor. Paralelamente haberá sesións de música alternativa e a actuación da Escola de Baile Marcando Pasos de Nigrán.


Ás 20 horas terá lugar unha función de teatro e ás 21:45 se desenvolverá a presentación oficial do "Festival Son da Rúa", coa participación de Hide&Seek, Dallas Gracias, Grupo Millo, Solfabirras. A xornada pechará con baile e cargo do DjRober.

Durante a xornada estará aberto un mercadillo con diversos produtos e unha barra a prezos populares xestionada pola organización.
O colectivo SondaRúa e unha asociación sen ánimo de lucro do Val Miñor, organizadora de eventos e obradoiros, "todos eles sempre nunha dinámica alternativa e de compañeirismo".