Cine ao aire libre para todo público este domingo pola noite en #Gondomar

Imprimir
la lego pelicula cartel att 06022014

O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este domingo 2 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme “La Lego película” (2014) dirixida por Philip Lord, Chris Miller e  Chris McKay.  O espectáculo conta co auspicio da Concellaría de Cultura de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. Entrada de balde.

Sinopse

Conta a historia de Emmet, unha figuriña LEGO absolutamente normal e fiel ás normas que é identificada por erro como a persoa máis extraordinaria e a clave para salvar ao mundo. Vese entón inmerso nunha busca épica para deter a un malvado tirano xunto a un grupo de descoñecidos, unha aventura para a que Emmet non está preparado en absoluto.

Dim lights Embed Embed this video on your site