Toda a axenda de ocio e cultura de #Gondomar para xullo e agosto a un clic.

Imprimir
Pincha na imaxe para ampliar

Catorce películas, dezaseis espectáculos musicais, un festival e dúas feiras é oferta de espectáculos públicos que ofrece o Concello de Gondomar a veciños e visitantes na tempada estival. En total próximo a 40 actividades entre as que destacan un festival musical na Alameda no Día Europeo da Xuventude, e o desenvolvemento da III Feira de Artesanía e Oficios Artesáns e a II Feira da Cervexa Artesanal que cubrirán as rúas céntricas da vila condal.


O programa deseñado pola Concellaría de Cultura local, achega títulos cinematográficos populares de recente estrea por diversas parroquias e concertos e presentacións de discos de artistas locais e do resto do país.