Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Todo #Gondomar únese nunha gran gala solidaria coa deportista local Desirée Vila.

Todo #Gondomar únese nunha gran gala solidaria coa deportista local Desirée Vila.

Correo-e Imprimir PDF

desire2

A Gala cultural está organizada pola Agrupación Musical de Vincios e terá lugar nunha carpa que instalará o Concello no aparcadoiro de As Cerchas o sábado 13 de xuño. A partir das 18 horas ducias de orquestras, grupos corais e de danza, e variados artistas locais, brindarán un gran espectáculo. Dende esta semana os veciños poderán colaborar coa compra dun número de rifa valor 1€ dispoñible en establecementos de todo o municipio. O evento procura achegar fondos para a compra dunha prótese ortopédica para a deportista gondomareña, Desirée Vila Bargiela.

Rifa solidaria de 1 euro.

A familia de Desirée debe procurar próximo a 75 mil euros para mercar unha prótese ortopédica que permita á deportista volver camiñar e desenvolverse como atleta. Nese senso o evento contou dende un inicio coa colaboración dos seus compañeiros e amigos dos Institutos Auga da Laxe e Terra de Turonio, que ademais da venda de rifas, instalarán un rastro nas inmediacións da carpa con diversos obxectos achegados por veciños e comerciantes e que sumarán ingresos á xornada.

A rifa solidaria, valor 1 euro, pode adquirirse en todas as parroquias de Gondomar, segundo explica, Ana Salgueiro da coral de Vincios, unha das organizadoras desta actividade. Sinala como exemplos de lugares onde pódense adquirir: Centro cultural Vilaza, Centro cultural de Mañufe, Bar Vincios, Peluqueria Patri Figueiras (Vincios), Cafeteria Cereixa (Vincios ), Agrupación Musical de Vincios, Pastelería Melosa (Vincios), Farmacia de Peitieiros, Cafeteria Keik (Gondomar), Pasteleria Xuntos (Gondomar), Peluqueria Capelli (Gondomar), Bar Gonda (Donas), Farmacia de Donas, Bar Robledo (Morgadáns), Bar Fontán (Borreiros), Centro cultural de Borreiros e Tenda Gota a Gota (Panxón - Nigrán).

Programa da Gala

carteldesire2