Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A parroquia de Chaín organiza un bingo solidario en apoio á deportista Desirée Vila

A parroquia de Chaín organiza un bingo solidario en apoio á deportista Desirée Vila

Correo-e Imprimir PDF
desire2

Será o vindeiro domingo 31 de maio a partir das 18:30 horas no centro cultural A Merced de Chaín. A actividade comprende 7 grandes bingos con produtos comestibles aos que se poderá acceder como premios en cada xogo. A organización destinará o recadado á campaña "Da el paso ... Únete" en apoio a Desirée Vila, ximnasta de Gondomar que sufriu unha caída adestrando o pasado mes de febreiro e tras unhas complicacións médicas tívoselle que amputar unha perna.