Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Mañufe celebra desde este xoves o ciclo cultural: ”Maio mes das flores, das nais e das letras”.

Mañufe celebra desde este xoves o ciclo cultural: ”Maio mes das flores, das nais e das letras”.

Correo-e Imprimir PDF
centro-cultural-manhufe

Unha chea de concertos, teatro e unha mostra de bonecas integrarán a oferta de actividades culturais que a Asociación Cultural San Vicente de Mañufe ten preparado para conmemorar coa veciñanza da parroquia o Día das Nais e o mes das Letras Galegas. Este ciclo denominado "Maio mes das flores, das nais e das letras" dará comezo este xoves ás 22 horas cun recital de música tradicional a cargo do grupo Os Romanteleiros de Mañufe, e o grupo folk "Xarope de uva". A actividade terá lugar no Centro Cultural de Mañufe.

Continuará o ciclo o vindeiro domingo 3 de maio coa actuación a partir das 19:30 horas do grupo de percusión Clariper do conservatorio de Tui, no que será unha homenaxe ás nais que se acheguen ao centro cultural.
Durante o sábado 16 e domingo 17 de maio terá lugar a exposición de bonecas Nancys e complementos. E o domingo 17, no día das Letras, terá lugar un concerto benéfico da deportista Desirée Vila.