Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O IEM abre inscricións para participar da xeira “Tras os pasos do conde de Gondomar” por Zamora e Valladolid.

O IEM abre inscricións para participar da xeira “Tras os pasos do conde de Gondomar” por Zamora e Valladolid.

Correo-e Imprimir PDF
Zamora ADIF0010275-007

O Instituto de Estudos Miñoranos abre inscricións para participar dunha visita guiada por Zamora e Valladolid: “Tras os pasos do conde de Gondomar”. A xeira contará coa guía do arquitecto Antonio Soliño Troncoso, e terá lugar os días 25, 26 e 27 de xuño. As reservas de prazas terán lugar até o vindeiro 4 de maio quedando a disposición o teléfono 986360575 a partir das 18 horas e o enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Alén Miñor móstrase coma unha variante das exitosas "Xeiras", tentando combinar cultura e viaxe con espazos de convivencia. O responsable e coordinador desta nova actividade é Pablo Casal, membro do IEM. A primeira proposta cremos que ten unha compoñente moi especial, xa que está relacionada directamente coa historia de Gondomar e o Val Miñor. Renderemos homenaxe á figura do persoeiro máis relevante da bisbarra, Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar.  Nesta xeira visitaremos algúns dos lugares onde viviu, traballou e pasou parte da vida.

CARACTERÍSTICAS DA VIAXE

DATAS: 26-27-28 de Xuño

HORARIO APROXIMADO:

SAÍDA DO AUTOCAR: 9,00 h. do venres 26 -dende a sede do IEM-, en Gondomar.

CHEGADA: Media tarde do Domingo 28, a sede do IEM, en Gondomar.

ITINERARIO

Venres 26: Chegada a Zamora, a través das terras do pan, sobre as 13,00 h. Primeiro contacto cunha "praza maior" como elemento urbanístico recorrente da viaxe. Comida na cidade (por conta de cada quen) e visita guiada polo importante e monumental casco histórico murado con especial énfase no románico. Visita ao "Consejo Consultivo de Castilla y León", exemplo de integración de arquitectura contemporánea de calidade nun casco histórico de alto valor patrimonial. Pola noite, a través das terras do viño, desprazamento á vila de Perdigón (13 Km) para cear -asado nunha antiga adega subterránea- .

Durmida nun hotel céntrico da cidade de Zamora. Abaixo, o río Douro.

Sábado 27:  Almorzo no hotel. Saída ás 9,15 h. cara a cidade de Toro (39 Km), onde foi "Corregidor" Diego Sarmiento. Visitarase o casco histórico murado sobre o Douro, a gran colexiata e entrarase en contacto cos produtos que produce a agricultura da comarca. Comida (por conta de cada quen).

De seguido, sairemos cara á poboación de Tordesillas (36 Km), onde visitaremos o seu casco histórico presidido por unha espléndida Praza Maior. E lembraremos a Juana "la loca", mentres contemplamos como pasa o Douro.

Tras visitala sairemos cara a Valladolid (30 Km).

O chegar, paseo polo Campo Grande e a Praza Maior. Cea nun restaurante da cidade e, posteriormente, descanso nun céntrico hotel.

Domingo 28: Almorzo no hotel e a partir das 9,15 h.visita ao núcleo histórico que acolleu a corte dos Austrias na primeira metade do XVI e primeiros anos do XVII. Nesa época, antes de que a corte se trasladara definitivamente a Madrid, a cidade foi capital do imperio.

Formando parte do antigo núcleo da Corte toparemos a Casa do Sol, palacio mercado polo Conde de Gondomar no que viviu durante un tempo coa familia. A carón del, a igrexa de "San Benito el Viejo" tamén propiedade de D. Diego. Na cripta desta foi enterrado o Conde. Visitaremos ambas as dúas pezas.

Comida (por conta de cada quen). Saída cara ao Val Miñor, con posible parada de descanso e refresco nalgunha poboación de camiño.

PREZOS

SOCIOS: 150 EUROS

NON SOCIOS: 162 EUROS

O prezo inclúe a viaxe en autobús, dúas ceas, dous almorzos e hotel en Zamora e Valladolid. Tamén inclúe todas as visitas polos diferentes monumentos e espazos urbanos que percorreremos. As visitas serán guiadas por Antonio Soliño Troncoso, arquitecto e membro do IEM.

RESERVA: 120 EUROS SOCIOS, 130 EUROS NON SOCIOS (antes do día 4 de Maio). A reserva debe depositarse na conta do Instituto de Estudos Miñoranos número 2080.5035.07.3040014164, de ABANCA (ex Novagalicia Banco). Logo reenviar o comprobante ao enderezo electrónico oficina@minhor. org, ou persoalmente na sede (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar) de luns a venres de 18 a 22 horas. As reservas farémolas por rigorosa orde de chegada

As habitacións son dobres -se algunha persoa desexa estar soa deberá abonar 18 euros por noite a maiores-.

Queda a disposición para maior información o teléfono 986 360 127 de luns a venres de 18 a 22 horas.

Nota: Nestas Xeiras Alén Miñor a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 40 viaxeiros.