Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Baiona inicia percorridos matinais polo seu casco histórico con guía gratuíta.

Baiona inicia percorridos matinais polo seu casco histórico con guía gratuíta.

Correo-e Imprimir PDF
ofi turismo baiona

Realizaranse o xoves 2, venres 3 e sábado 4 de abril, ás 11:30 horas. As saídas serán dende a oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador) sen que sexa necesaria a inscrición previa. O percorrido inclúe visita ao casco histórico da vila, o paseo da Ribeira, monumentos, edificios relixiosos e finalizarán na recentemente inaugurada Casa de la Navegación de Baiona. Os paseos terán unha hora e media de duración aproximada.