Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Peitieiros celebrará este domingo un serán en homenaxe ás pandeireteiras

Peitieiros celebrará este domingo un serán en homenaxe ás pandeireteiras

Correo-e Imprimir PDF
Seran-marzo-2015

O serán terá lugar este domingo 22 de marzo a partir das 17:00 h. nunha carpa instalada no Adro de Peitieiros. O Centro Cultural e Veciñal, en colaboración coa Comisión de Festas convidan a todos os grupos e a todas as persoas que o desexen a participar. A festa rematará cunha chocolatada para as e os participantes.


Os organizadores desexan conmemorar o día internacional da muller por iso este serán será o da homenaxe ás pandeireteiras. Símbolo do papel da muller na transmisión da música en particular e da cultura en xeral, "visibilizándoas e dándolles o protagonismo que merecen. E para facelo convidamos a pandeireteiras, gaiteiros, e todo tipo de formacións tradicionais", sinala a convocatoria.
A música que dá ritmo á vida
Dende o centro cultural sinalan que "Elas, as mulleres, acompañaron a súa vida e os diferentes labores que sempre lles corresponderon cantando e para iso se acompañaron das pandeiretas, e cando non, de latas de pemento, culleres, pratos... Sempre buscando o ritmo que acompañase as súas coplas, esas en que a nosa lingua ía manténdose viva e transmitíndose, tamén."
Engaden que on foi "até as últimas décadas do século XX que os cantares das pandeireteiras comezaron ocupar os escenarios, daquela diversos grupos e persoas comezaban interpretar pezas que foran recoller polas aldeas e así se iniciou un labor de difusión e de conservación da nosa música popular en que aínda é necesario profundizar. Un labor que convertía en protagonistas as tocadoras de pandeireta e o seu xeito de cantar, mulleres que non tiveran aínda a proxección acadada xa por gaiteiros ou formacións tradicionais".
Por este motivo, "e para continuar a darlle ás mulleres o espazo que lles corresponde, na música tradicional tamén, o CCV de Peitieiros e a Comisión de Festas organizan este serán".