As comunidades de montes de Camos e Couso xunto coa Cooperativa Galiza Imaxinaria, Proxecto Montenoso, Casa Colorida e Alg_a Lab.celebrarán a I Xornada NOSO AMBIENTE. O evento, aberto a todo público, está orientada a informar sobre novos proxectos de xestión sustentable de espazos naturais. O encontro terá lugar no Auditorio de Nigrán o vindeiro venres 13 de marzo de 18 a 23 horas.
Nesta instancia, Fran Quiroga presentará o Proxecto Montenoso a partir das 18 horas e desenvolverá unha serie de dinámicas cos participantes. Ás 20 horas terá lugar o pase do documental de produción independente,Tesouro de Corcoesto. As xornadas rematarán cun debate xunto con Cora Peña, autora do filme co público asistente.
Acompañarán nos intermedios desta xornada o Trio Folk do Val Miñor formado por Jose Casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).