Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda TERTULIA do IEM co humorista gráfico Luis Davila “O Bicheiro”.

TERTULIA do IEM co humorista gráfico Luis Davila “O Bicheiro”.

Correo-e Imprimir PDF
davila020315b

Cada día achéganos un sorriso -a maioría das veces cómplice- dende as páxinas do xornal Faro de Vigo ou nas réplicas dixitais das súas bandas debuxadas na Internet. Luis Davila "O Bicheiro" (Pontevedra, 1972) será o protagonista dunha nova TERTULIA do IEM onde falará dese mundo creativo onde a través de personaxes entrañables e moita retranca é capaz de debuxar unha radiografía do país acotío. Será este venres 6 de marzo ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).


Bio
Naceu no Santa María de Pontevedra en 1972, mais medrou no Morrazo, concello de Bueu. A afección polo debuxo venlle de neno aínda que confesa que lle custaba pintar sen saírse do debuxo segundo esixían a monxiñas do colexio. O xenio medrou até converterse en deseñador gráfico tras estudar na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso (A Coruña). Responsable das infografías, ilustracións e deseños varios da edición do Morrazo do Faro de Vigo, en 1998 e a pedido dos colegas iniciou a súa andaina como O Bicheiro.
Na actualidade as súas tiras son lidas, comentadas e compartidas por milleiros acotío e dende decembro pasado, as mellores delas recollidas e publicadas nunha edición de catro tomos.