Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cándido Pazó presenta “Memorias dun neno labrego” no Auditorio de Baiona.

Cándido Pazó presenta “Memorias dun neno labrego” no Auditorio de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
memorias dun neno galego 20

Cándido Pazó porá en escena este venres en Baiona a súa adaptación teatral da obra de Xosé Neira Vilas, "Memorias dun neno labrego". Pola mañá nunha función para escolares de 5º e 6º dos colexios da bisbarra e pola noite, ás 21 horas para público en xeral. Ambas representacións terán lugar no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona e con entrada gratuíta.


A actividade está organizada polos equipo de Dinamización Lingüística dos colexios do Val Miñor, a iniciativa do CEIP Carlos Casares. Os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán faranse cargo do transporte do alumnado e o Concello de Baiona subvencionará a función nocturna, segundo dan conta dende os centros de ensino.