Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Gondomar prepara as tradicionais cabalgata e certame de rondallas de Reis.

Gondomar prepara as tradicionais cabalgata e certame de rondallas de Reis.

Correo-e Imprimir PDF

Gondomar prepárase para recibir dous acontecementos populares de gran tradición no concello, a cabalgata dos reis magos o luns 5 e o XXXIII Certame de Rondallas o día martes 6.


Cabalgata de Reis
A actividade dará comezo ás 17 horas coa instalación dun Belén vivente no parque da coelleira. Ás 18 horas comezará o percorrido da cabalgata polo centro da vila coa visita dos reis magos oa Belén e posterior remate na praza da Paradela onde se instalarán os tronos para que as súas maxestades atendan as peticións das crianzas. En caso de choiva, esta última actividade se desenvolverá no Pavillón Municipal de Deportes.
Festival de Rondallas de Reis
A partires das 10 horas da mañá de Reis, comezará o desfile de rondallas no centro da vila se o tempo o permite ou no mesmo horario no Pavillón Municipal de Deportes en caso de choiva. Nesta XXXIII edición, participarán as rondallas San Salvador de Louredo, Sta. Eulalia de Atios, Rondalla de Pontellas, Sta. Eulalia de Mos, CC de Vincios, SCDR Helios de Bembrive, CVC Valladares e Santiago de Parada.