Luns, 18 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda A 7ª edición da Homenaxe ao Gaiteiro recoñecerá a traxectoria de Paco Bello e Consuelo Vázquez Souto

A 7ª edición da Homenaxe ao Gaiteiro recoñecerá a traxectoria de Paco Bello e Consuelo Vázquez Souto

Correo-e Imprimir PDF
cartaz-7-gaiteiro

O gaiteiro de Gargamal (Mondariz), Paco Bello, e a pandereteira de Carballo, Consuelo "dos Queixos" Vázquez Souto recibirán o recoñecemento pola súa traxectoria, divulgación e conservación da música tradicional nesta 7ª edición da Homenaxe ao Gaiteiro que organiza o Grupo Etnográfico A Buxaina en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC). O acto terá lugar no marco dun espectáculo musical que contará coa cantautora María Xosé Silvar "Sés" como presentadora. Será o vindeiro domingo 9 de novembro a partir das 19 horas no auditorio do Centro Cultural A Fundación, na rúa Policarpo Sánz, en Vigo.


Trala homenaxe actuarán os grupos Pink Roe e o Grupo Etnográfico A Buxaina, ademais dunha posta en escena que reunirá á Unión Musical de Coruxo, dirixida por Francisco Abal Rosales, e ao gaiteiro Xaquín Xesteira, mestre de gaita na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional e compoñente do grupo Treixadura e ao tamén gaiteiro Xosé Manuel López Sanromán.
As invitacións poderán recollerse no CRACC de Coruxo a partir do día 27 de outubro para os socios do centro, cunha entrada-donativo de 2 euros, e do día 3 para os non socios, cunha entrada-donativo de 3 euros. As entradas poderán recollerse en horario de luns a venres de 20:00 a 22:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas os sábados e domingos.