Mércores, 21 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda O documental “A Volta dos Nove” será presentado este mércores en Gondomar.

O documental “A Volta dos Nove” será presentado este mércores en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
5434039841-a-volta-dos-nove

O vindeiro mércores 15 de outubro ás 20:30 horas terá lugar o pase do documental “A Volta dos Nove” (Galicia,2014) do director gondomareño Antonio Caeiro . Será no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío, no marco do ciclo Cine e Memoria II, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

O pase do filme coincidirá co 78 cabodano do asasinato destes nove veciños do Val Miñor en mans da represión franquista na curva do quilómetro 58 da estrada Baiona – Camposancos, onde por décadas nove cruces rachadas na beira da estrada gardaron a memoria e teimaron na denuncia do crime. Esta é a historia que recupera o filme  "A Volta dos Nove", realizado por Caeiro xunto coa documentalista Margarita Teijeiro .

O documental completa a "Tristoloxía" da memoria oral segundo o ten sinalado Caeiro, tamén autor e director dos filmes "Aillados" (2001) e "A memoria do wolfram" (2003).

Trala exhibición terá lugar un coloquio co público asistente.