O vindeiro venres 12 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do exemplar Nº 12/13 da Revista de Estudos Miñoranos. O acto, a desenvolverse na Aula de Cultura Ponte de Rosasa (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), contará coa condución de Xulián Maure, membro da Xunta de Goberno do IEM e coordinador da edición. Estará acompañado por Lara Barros Alfaro, Xosé Lois Vilar Pedreira e Antonio Soliño Troncoso, en representación dos autores das investigacións e artigos contidos no libro . Durante a presentación terá lugar un concerto do músico Fernando Blanco, quen interpretará un selecto repertorio de pezas da súa autoría. Haberá exemplares da revista á venda.
Índice temático da REM 12/13
-A Serra do Galiñeiro no Antropoceno (Xurxo Pérez – Pintos)
-O sistema tradicional de aproveitamento dos ponis atlánticos salvaxes nos montes da Groba, Morgadáns e Galiñeiro. Retos no século XXI (Laura Lagos Abarzuza)
-Repoboación forestal na Serra da Groba e conflitividade campesiña (Lara Barros Alfaro)
-Conservación da rede de muíños no curso do Río Vilaza (Rosa Mouriño Pérez)
-O arcediago de Miñor quedou sen cama. Sentenza contra unha loitosa en Baiona. (Xulián Maure Rivas)
-Escenas de caza nos petróglifos galego e portugueses (Xosé Lois Vilar Pedreira)
-A Antiga Casa – Escola de Chandebrito (Carlos Gómez Costas)
-Ángel Valverde Prado (1893-1965) (Antonio Valverde Alonso)
-Intuicións e reflexións, conversa con Silveiro Rivas
-Victoriano Taibo e Rosalía de Castro (Elvira Ribeiro Tobío)
-Orballo vermello (X Mourisca)
-As Novas do IEM (Álvaro Peralta Techera)