Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Casino de Sabarís acollerá a exposición “Unha mirada subxectiva do cotián”, de Alberte Pereira.

O Casino de Sabarís acollerá a exposición “Unha mirada subxectiva do cotián”, de Alberte Pereira.

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz-Sabaris

Dende o vindeiro sábado 2 de agosto ata finalizar o mes poderá visitarse unha mostra de máis de trinta imaxes do fotógrafo Alberte A. Pereira (A Guarda, 1964), no Casino de Sabarís. Fotógrafo independente e autodidacta, Alberte Pereira artella o fío da mostra con capturas das rúas das nosas aldeas, vilas ou cidades, en tanto "son inmensos escenarios do teatro da vida".