Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda As compañías de teatro galegas abren en Gondomar o I Festival Internacional da lusofonía de Galicia

As compañías de teatro galegas abren en Gondomar o I Festival Internacional da lusofonía de Galicia

Correo-e Imprimir PDF
Verbum Fahrenheit

As compañías galegas Limiar Teatro e 8mm Tetrao abren hoxe o I Festival Internacional de Teatro Ponte...na escena en Gondomar.

Ponte na escena, terá lugar os próximos días 24, 25 e 26 de maio en Gondomar.

6 compañías de teatro procedentes de Brasil, Portugal e Galicia serán as protagonistas de por en escea o primeiro festival de teatro que en Galiza presenta as obras de compañías brasileiras, galegas e portuguesas.

Unha ponte necesaria que ofrece ao espectador a posibilidade de asistir a diferentes propostas escénicas contadas nunha mesma lingua con sotaques diferentes. Un proxecto que une a proximidade cultural entre territorios que comparten unha expresión común.

Verbum -Fahrenheit Auditorio Lois Tobío ás 20h. Entrada 4€
Verbum -Fahrenheit  a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios. Lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade alén do mar, na terra dos homes libro. No lugar cada persoa toma o nome do libro que aprende e protexe na súa memoria. Verbum Fahrenheit está creado a partir de textos de cen autores de toda a lusofonía: Galiza, Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo verde, Santo Tomé e Principe, e Guiné – Bissau e Timor Leste. Deste xeito o espectáculo constitúe unha homenaxe ás expresións da literatura na lingua galego-portuguesa.

Amor ao Tarantino - Tapería Catro Camiños, 23h. Entrada libre

Amor ao Tarantino é unha peza de 40 minutos onde o espectador está mergullado nun ambiente de teatro-cine a unha curta distancia do actor. Comedia macabra nun formato de encadernación teatral ao rústico, barato e de consumo popular. 8mm. nace a principios deste ano 2013 coa idea de atopar novos espazos, novas formas e novo público. Humor, acción, improvisación e moitas chiscadelas recoñecibles para o espectador. 

Mañá e pasado a axenda do festival continúa con 

-Sábado 25 de maio, Auditorio Lois Tobío

  • Quando se abren os guarda-chuvas (Primus Cia de Atores – Río, Brasil) 20 horas
  • Olympia (Teatro andante – Minas Gerais, Brasil), 22 horas

Domingo 26 de maio, Auditorio Lois Tobío.

  • Labirinto de amor e morte ( Fafe cidade das artes – Fafe Portugal), 20 horas
  • A visita (Teatro Invisible – Lisboa Portugal), 22 horas.