Especialistas no tratamento da dislexia presentarán este venres un coloquio aberto en Gondomar.

Imprimir
dislexia

-Será ás 20.00 horas no Centro Neural do municipio con entrada gratuíta.

A Concellaría de Benestar Social, a través do Centro de Información á Muller organiza a charla "Falamos de dislexia". Terá lugar o próximo venres 10 de maio no Centro Neural de Gondomar, ás 20.00 horas.

Contará coas intervencións de Cristina Porto González (Vicepresidente de AGADIX, Asociación Galega de Dislexia); Mónica Villar Guisado (neuro psicóloga) e Mª Carmen Rodríguez de Dios (logopeda).

A entrada será gratuíta ata completar aforamento e está destinada ao público en xeral.