Charla-coloquio sobre a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) en Gondomar.

Imprimir
577194 108317462672226_476926206_n

A Federeación de Anpas do Val Miñor e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, (integrada por asociacións de nais e pais, organizacións estudantís, sindicais e de renovación pedagóxica) convocan a toda a comunidade educativa do Val Miñor, pais e nais, alumnado e profesorado, a unha charla explicativa sobre a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), co obxecto de dar a coñecer o seu contido. Esta charla, que estará seguida dun coloquio terá lugar o vindeiro venres día 15 de marzo, ás 20 horas no IES Terra de Turonio de Gondomar.

 

As entidades organizadoras consideran que se trata dun acto necesario para que toda a comunidade educativa teña coñecemento dos cambios que pode introducir esta nova lei.

Neste aspecto salientan que a mesma contén unha serie de aspectos negativos como que o Consello Escolar deixe de ser un órgano de goberno e que as súas competencias pasen á persoa directora. Tamén prevé a realización de varias reválidas e que sen aprobalas non se poderá titular na ESO nin no Bacharelato, aínda que se aproben todas as materias. Por riba, a reforma coloca a nosa lingua en inferioridade de condicións respecto das demais materias.

Nesta charla-coloquio intervirán Manuela Rodríguez, Marta Dacosta e Uxía Vázquez, en representación dos distintos sectores que integran a comunidade educativa, O acto será presentado e introducido por un representante da Federación de ANPAS do Val Miñor.