Exposición fotográfica de Santi Bas: Garranos. Os cabalos salvaxes de Galicia, no Hotel Cidade de Vigo.

Imprimir
garranos

-A mostra estará aberta ata o vindeiro 25 de xaneiro.

 

Santi Bas está a realizar unha exposición fotográfica monográfica sobre os cabalos salvaxes de Galicia. Biólogo afeccionado á natureza, leva anos seguindo a estes magníficos animais que habitan os montes galegos, e constitúen un caso único en Europa. A colección de fotos que se expón no Hotel Cidade de Vigo, próximo á delegación da Xunta de Galicia e ao peirao deportivo do club Náutico de Vigo, recolle en imaxes diversas facetas da vida destes animais, que viven en total liberdade, desde que nacen ata a súa vellez.

Os fondos recadados na exposición dedicaranse na súa totalidade a tarefas a prol da supervivencia destes cabalos, os garranos, obxecto de diversas ameazas nos últimos anos .