Luns, 27 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación do libro "Nós Galiñeiro" de Méndez Ferrín e espectáculo artístico en Vincios.

Presentación do libro "Nós Galiñeiro" de Méndez Ferrín e espectáculo artístico en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF
galineiro-botella

 

-Nós Galiñeiro, o libro de Xosé Luís Méndez Ferrín onde se recollen máis de trinta anos de artigos da súa autoría sobre o Val Miñor, será presentado  este xoves 27 de decembro ás 20 horas no Centro Cultural de Vincios.

-A presentación terá por marco un espectáculo artístico coas actuacións do Coro Tradicional Cantares do Brión e Os Irmandiños de Vincios.

-A Plataforma pola protección  da Serra do Galiñeiro, organizadora do evento, disporá de exemplares do libro para a venta a 12 euros.

Este  xoves 27 de decembro ás 20 horas terá lugar no Centro Cultural de Vincios  a presentación do libro Nós Galiñeiro (Universitas Minoris, 2012) no que se recollen notas e artigos de Xosé Luís Méndez Ferrín sobre o Val Miñor.  Ademais do valor divulgativo e cultural da obra, o libro permitirá coa súa venda que a Plataforma poda seguir adiante na súa defensa do Galiñeiro.

Ademais do autor, o acto de presentación contará coas intervencións de Antón García (Plataforma), Carlos Méixome (IEM) e Pura González quen terá a cargo a presentación do acto.

Un espectáculo artístico a cargo do Coro Tradicional Cantares do Brión e Os Irmandiños de Vincios, porá cores á unha noite onde os veciños tamén serán protagonistas mediante a lectura de fragmentos do libro.