Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación do libro "retallos de GONDOMAR DE MIÑOR" no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Presentación do libro "retallos de GONDOMAR DE MIÑOR" no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF
capa-retallos-gondomar

-Os veciños de Gondomar presentan a súa terra no libro de imaxes: retallos de GONDOMAR DE MIÑOR.

retallos de GONDOMAR DO MIÑOR, leva por título o libro onde 60 veciños do concello de Gondomar presentan a súa terra nunha obra que mixtura fotografías e textos libres inspirados nelas. O álbum fotográfico será presentada este sábado 15 de decembro ás 19 horas nun espectáculo no que intervirá o recoñecido pianista Alberto Conde, no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Trátase dunha publicación conxunta do Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Gondomar, coa finalidade de dotar á administración local dun agasallo en instancias protocolares. Aínda iso, durante o acto de presentación se poñerán algúns exemplares á venda para aquelas persoas que desexen adquirilo.

No acto de presentación no auditorio, algúns dos autores dos textos que integran a obra lerán fragmentos dramatizados das mesmas, ao mesmo tempo que unha escolmas das fotografías serán proxectadas nunha pantalla xigante acompañadas polas interpretacións de Alberto Conde, nunha posta en escena moi prometedora.

O libro de 144 páxinas e encadernación de capa dura, é froito dun traballo de varios meses coordinado polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso(IEM). Conta cunha introdución do profesor Gonzalo Navaza sobre a orixe do topónimo Gondomar, un estudo sobre Patrimonio material e inmaterial do concello do propio Soliño, así como unha descrición da "Paisaxe xeográfica e humana", a cargo do mestre Miguel Anxo Mouriño. A obra abre cun breve limiar onde o alcalde Fernando Guitián e o director do IEM, Carlos Méixome, dan conta da idea orixinal da publicación.