Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Area Loura organiza o faladoiro “Violencia de xénero e saúde” coa médica Mercedes Espinosa Arévalo.

Area Loura organiza o faladoiro “Violencia de xénero e saúde” coa médica Mercedes Espinosa Arévalo.

Correo-e Imprimir PDF
0162

-As mulleres do Val Miñor non queren poñer a outra meixela. No marco da loita contra a violencia de xénero, a Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura" organiza unha xuntanza informativa este xoves 29 de novembro ás 20 horas na Casa da Cultura de Gondomar.

-A médica e veciña de Nigrán, Mercedes Espinosa Arévalo dirixirá o faladoiro "Violencia de xénero e sáude".

Se os datos oficiais din que unha de cada doce mulleres é vítima de maltrato, pero as estatísticas de atención primaria nos centros de saúde arroxan que esa cifra alcanza o 30% das pacientes, algo va mal na detección do problema. A Dra. Mercedes Espinosa Arévalo denunciaba xa no 2008 que "A prevalencia do maltrato en España é do 9,6% (8,5% en Galicia), e dicir unha de cada 10-12 mulleres, pero nas consultas de primaria esa prevalencia rolda o 30%. É dicir, unha de cada tres mulleres que acode ás nosas consultas. Son números realmente impactantes".

Parece ser que "os médicos de familia tamén temos que saber detectar, encauzar e tratar o problema de violencia en xeral e a de xénero en particular" agregaba a facultativa, quen aseguraba que "Nun estudo experimental demostrouse que o simple feito de que os médicos e as médicas se puxesen "pins" nas batas cunha mensaxe en contra dos malos tratos fixo aumentar significativamente o número de conversacións sobre este tema coas súas pacientes". Polo que aconsellaba aos seus colegas incluír nas consultas ordinarias algunhas preguntas que axuden á detección do problema: "Como van as cousas pola casa?" ou incluso máis directamente " Vostede, séntese maltratada?".

A detección da violencia de xénero está recomendada pola OMS e en España tamén polo PAPPS. Neste necesario involucramento das institucións e o persoal sanitario, tanto na detección como no acompañamento das vítimas estará centrada a charla que brindará Mercedes Espinosa Arévalo, este xoves 29 de novembro ás 20 horas na Casa da Cultura de Gondomar. O acto de carácter aberto, está organizado pola Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura".