Xoves, 25 Feb. 2021

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Canais Axenda Semana de actividades no IES Escolas Proval con motivo do décimo aniversario da catástrofe do “Prestige”

Semana de actividades no IES Escolas Proval con motivo do décimo aniversario da catástrofe do “Prestige”

Correo-e Imprimir PDF
Panel de entrada á exposición - Foto C.L.
Paneis da exposición dos recortes de prensa - Foto C.L.
Imaxe da exposición. Foto C.L.
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Na semana do 12 ao 16 de novembro terán lugar no instituto IES Escolas Proval unha serie de actividades co gallo do X aniversario da catástrofe do Prestige organizado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do mesmo centro.

As actividade contemplan dende xa, unha exposición feita cos recortes de prensa cronolóxico do desastre, así como numerosas publicacións que están a disposición dos visitantes e alumnado do centro .

"Para alzar a nosa voz, unánime e solidaria, contra a inxustiza, contra a negra sombra á que nos someteron os gobernantes de Galicia e de España, coa súa xestión infame e irresponsable, contra a ineficacia e indolencia dunha xustiza que tarda dez anos en xulgar aos acusados do delito".

"Dende o lado positivo temos previsto facer unha homenaxe nesta propia semana a todos e todas os que promoveron e asinaron o manifesto Nunca Máis, aos que constituíron á plataforma Burla Negra, aos que difundiron por internet a verdade que outros negaban, aos voluntarios e voluntarias que colleron o petate e se lanzaron aos camiños para axudar, aos profesionais e aos funcionarios que aportaron o seu saber e supliron a desidia do malgoberno, tamén aos que só foron quen de chorar e ficar abraiados, inmóbiles e tristes. Para todos e todas, queremos que as actividades que imos desenvolver esta semana sexan a máis grande das apertas." manifestan dende a organización.

Actividades:

Toda a semana:

  • Exposición de titulares de xornais relativos á catástrofe, durante estes dez anos.

Nos recreos:

  • Sesións de música.
  • Proxeccións de diapositivas sobre as mobilizacións do noso alumnado nos días da catástrofe.

Martes, 13, de 12.20 a 12.50:

  • Recitado de poemas organizado polo Departamento de Galego.

Martes, 13 e venres, 16 de 10,40 a 12,20:

  • Conferencia "O Prestige dez anos despois" a cargo do relator Alfredo López (presidente do CEMMA)

Xoves, 15 de 10,40 a 12,20:

  • Conferencia "Contaminación mariña por hidrocarburos" a cargo da relatora Lucía Viñas (Química, investigadora do Instituto Español de Oceanografía)