Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Teatro en Gondomar. Josito Porto presenta "Laretadas"

Teatro en Gondomar. Josito Porto presenta "Laretadas"

Correo-e Imprimir PDF
Josito Porto presenta a súa obra

 

O famoso actor protagonista en series como Pratos Combinados, Matalobos e Libro de familia levará ao auditorio Lois Tobío un espectáculo de contacontos que xiran ao redor de Galicia

A representación terá lugar o sábado 3 de novembro, ás 22 horas, no auditorio Lois Tobío

Baixo o título “Laretadas” presentase o espectáculo de humor do músico e actor Josito Porto, unha proposta de contos ao redor de Galicia que este fin de semana recala en Gondomar. A representación, que se enmarca dentro da programación cultural organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, terá lugar o sábado 3 de novembro, ás 22 horas, no auditorio Lois Tobío.

Josito Porto é un actor de recoñecida traxectoria dentro da escena galega, na que ademais de teatro e televisión ten afrontado tamén dende a vertente musical formando parte de formacións como Korosi Dansas. Comezou no teatro a primeiros dos oitenta e dende entón ten traballado con compañías como o CDG ou Sarabela Teatro. Xa nos noventa introdúcese no audiovisual e forma parte a partir de 1999 de Pratos Combinados co papel de Tuto. Participou en videoclips e numerosas series de televisión ata o de agora como ‘Piratas’, ‘Libro de familia’, ‘Hospital Central’, ‘Matalobos’, ‘El comisario’ e ‘Cuéntame como pasó’, entre outras.