Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Club Ciclista Gondomar celebra a XIV Marcha cicloturista concello de Gondomar

O Club Ciclista Gondomar celebra a XIV Marcha cicloturista concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
cascos00 a

O vindeiro domingo, día 09 de setembro, o Club Ciclista Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Deportes de Gondomar, celebra a 14 edición da Marcha Cicloturista Concello de Gondomar.

 

A saída terá lugar a partir das 09:00 horas, desde a Rúa Angel Urzaiz, e percorrerá, no seu inicio, as rúas Angel Urzaiz - Avda. do Conde, Avda. D. Diego Sarmiento de Acuña (circunvalación), Rúa Eduardo Igrexas e Rúa Elduayen, para continuar a marcha fóra do municipio.

O percorrido total é de 106 Km., pasando polos concellos de Baiona, A Guarda , O Rosal, Tomiño. Tui. Cabe destacar a subida ao monte de San Antoniño ou a do Monte Aloia, esta última a 550 m. A marcha finalizará na praza do Concello.

Gymkana ciclista para os máis pequenos

O centro urbano de Gondomar vivirá un domingo "sobre dúas rodas", primeiro coa saída da Marcha Cicloturista e despois coa celebración da primeira gymkana ciclista do concello para os máis pequenos.

A Concellaría de Deportes, ten previsto a celebración de diferentes actividades de destreza e habilidades encima da bicicleta, dirixida a niños de entre seis e doce anos.

Os interesados deberán inscribirse, acompañado do seu pai/nai/titor, entre as 09:00 e as 10:00 horas, na carpa habilitada na praza do Concello. Será obrigatorio o uso de casco.