Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Concello de Nigrán celebrará este sábado a "Festa do Nen@"

O Concello de Nigrán celebrará este sábado a "Festa do Nen@"

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

A Concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra organiza a Festa do Nen@ o sábado 8 de setembro, para despedir o verán e antes do comezo do curso escolar, con diferentes actividades. A partir das 17 horas, en fronte da Casa Consistorial, haberá inchables. Desde as 18 horas ata as 19.30 distintos obradoiros de reciclaxe, onde os máis pequenos poderán aprender diferentes formas de reciclar e facer os seus propios xoguetes, libretas, etc. A continuación, dende ás 19,30 ata as 20,30 actuación do grupo de animación Barafunda.

 

Pechará esta tarde de diversión o grupo de gaitas e baile de o Centro Cultural O Torreiro de Priegue.