Mércores, 16 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda A estación de arte rupestre "As Portaxes" será o obxectivo dunha nova Xeira nocturna do IEM.

A estación de arte rupestre "As Portaxes" será o obxectivo dunha nova Xeira nocturna do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
as-portaxes

O vindeiro venres 24 de agosto de 2012 terá lugar unha nova Xeira nocturna aos petróglifos da Estación do Monte Tetón, na parroquia de Tebra (Tomiño). O punto de encontro será na casa consistorial de Tomiño ás 22:30 horas. A visita estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar, quen brindará un coloquio previo sobre as "Escenas de Caza na arte rupestre galega".

 

Logo do faladoiro visitarase o enclave coñecido como As Portaxes, aproximadamente a 300 metros sobre o nivel do mar, onde se atopa uns dos petróglifos de círculos concéntricos máis grade do continente. Xunto con outras figuras de carácter representativo e tamén abstracta, atópase na parte máis alta da rocha unha figura definida por dezaoito círculos concéntricos cuxo diámetro maior alcanza os 2, 40 metros de diámetro aproximado.

Dado que o percorrido será nocturno recoméndase levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo. A actividade está organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Tomiño.