Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Pop Rock do Río de la Plata chega a Gondomar coa presentación da banda uruguaia DEJAVU.

O Pop Rock do Río de la Plata chega a Gondomar coa presentación da banda uruguaia DEJAVU.

Correo-e Imprimir PDF
deja vu

O pop rock con sabor do Río de la Plata chegará a Gondomar coa presentación da banda DEJAVU. O concerto terá lugar na Praza da Alameda o vindeiro domingo ás 12:30 horas. Deja Vu presentará sobre o escenario unha proposta musical de cancións frescas que convidan a viaxar por sensacións xa vividas traducidas ao pop rock, unha descarga de melodías que invitan ao movemento e que cantan historias de pensamentos.

 

 DEJAVU "Desierto corazón"

Dim lights Embed Embed this video on your site

O grupo, con sete anos de traxectoria, naceu en Montevideo (Uruguai) e ten percorrido máis de 10.000 quilómetros a través do Atlántico para facerse oco no panorama musical español. O seu álbum debut, 'Mi mejor momento', veu a luz en 2008, con temas fundamentais que catapultaron a banda e co que levaron a cabo unha xira por Uruguai e Arxentina. En Gondomar repasarán sobre as táboas os temas do seu último traballo "Siempre hay mar", editado no 2011.

 

DEJAVU "Dejen de actuar"

Dim lights Embed Embed this video on your site

A actuación forma parte do programa de concertos e actividades culturais deseñada polo Concello de Gondomar para este verán.