Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca celebra a XIX Semana Cultural de Parada

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca celebra a XIX Semana Cultural de Parada

Correo-e Imprimir PDF
bolos-da-carrasca

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca acollerá esta semana a XIX Semana Cultural de Parada. Os actos celebraranse entre o martes 7 e o venres 10 a partir das 22.15 horas. O coro local Ecos do Castelo, do C.C.D. Bolos da Carrasca, será o responsable da primeira actuación da presente edición, cunha intervención a continuación do grupo de gaitas Os Ventos, de San Andrés de Comesaña.

 

A segunda xornada estará amenizada pola actuación do grupo da Escola de Danza Moderna do concello de Gondomar, e polas pandereteiras da A.V. de Monteferro. O coro de homes Voces baionesas e o grupo de corda Vírgen de la Roca de Baiona actuarán o xoves 9 de agosto.

A segunda edición da festa gastronómica "Ovos con chourizo", amenizada polo grupo de gaitas "Cores do Sobreiro" de Gondomar, clausurarán esta edición 2012 da Semana Cultural de Parada.