O director da Revista de Historia Murguía, Uxio Breogán Diéguez Cequiel, presentará no Instituto de Estudos Miñoranos o último exemplar da colección. Un número duplo (23-24) onde se recolle un extenso traballo do director do IEM, Carlos Méixome, sobre os traballos de exhumación dos cadáveres dos veciños do Val Miñor soterrados na fosa común de San Xián titulado "As fosas de San Xián. Un modelo de exhumación". Sobre este traballo falará o seu autor. O acto terá lugar o vindeiro venres 11 de maio ás 20:30 horas na Au Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar).
No faladoiro, Uxio-Breogán Diéguez fará un percorrido pola historia desta publicación, nada en 2003, e que mantén un protocolo de colaboración coa Asociación Galega de Historiadores, entidade creada no ano 1991 no marco da Universidade de Santiago de Compostela e co-editora da publicación.
Os relatores serán presentados polo subdirector do IEM Xosé Lois Vilar Pedreira que dirixiu a escavación arqueolóxica de San Xián