Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Excursións ás Illas Cíes para empadroados en Nigrán.

Excursións ás Illas Cíes para empadroados en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
cies 03

A concellaría de Benestar Social e Sanidade comunicou a través do departamento de Servizos Sociais que está a organizarse para o vindeiro venres 27 de abril unha excursión ás Illas Cíes, con saída dende o porto de Panxón.

 

A excursión inclúe unha visita guiada pola mañá, comida no barco a base de produtos típicos e a tarde libre. O prezo da actividade -restrinxida unicamente a empadroados no concello de Nigrán- é de 15 euros. O prazo máximo para inscribirse finaliza o próximo 23 de abril. Para máis información ou realizar as inscricións os interesados deberán dirixirse á Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón