Sábado, 24 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Carlos Méixome pecha o ciclo "75 anos despois" coa conferencia "Baiona en 1936"

Carlos Méixome pecha o ciclo "75 anos despois" coa conferencia "Baiona en 1936"

Correo-e Imprimir PDF
Carlos-iem

Este sábado ás 20h na Capitanía de Baiona (r/ Elduayen 20, 1º andar) pecharase o ciclo de presentacións de libro e conferencias "75 anos despois" cunha conferencia do director do Instituto de Estudos Miñoranos, profesor e historiador, Carlos Méixome Quinteiro na que realizará unha primeira achega aos feitos acontecidos na vila de Baiona a partir do 20 de xullo de 1936, data da declaración do Estado de Guerra en Vigo, ata o 24 de xullo, día no que as tropas sublevadas entraron na vila de Baiona.

 

Na súa conferencia, o director do IEM, realizará tamén unha breve cata na vida municipal así como nas condicións de vida e relacións sociais de Baiona dende a proclamación da II República, abril de 1931, ata a sublevación militar.

Nunha segunda parte da conferencia presentaranse algúns datos sobre a persecución, detencións e condenas as que se viron sometidos moitos veciños de Baiona despois do golpe de Estado, centrándose nos meses posteriores á sublevación. Nomeadamente farase unha achega a partir do estudo das causas militares nas que se viron inmersos preto de medio cento de baioneses e dunha forma máis demorada na causa 138/1936 na que foron encartados e condenados os principais dirixentes municipais e sindicais de Baiona.

Dim lights Embed Embed this video on your site