Exposicións, conferencias e música dan a benvida a Festa da Arribada 2011en Baiona.

Imprimir
Ás 19 horas o Alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuiña presidirá a Recepción de autoridades na Arribada 2011.

A Festa da Arribada estreará oficialmente mañá venres o seu título de "Fiesta Nacional de Interés Turístico" coa realización do acto de Recepción de autoridades, a inauguración de varias mostras, conferencias e un concerto musical. Dende as 19 horas os actos o Casal do Reximento (edificio do Concello), a Capitanía Marítima, a Casa Carvajal e mais o Auditorio V Centenario de Baiona.

Ás 19 horas está previsto o acto protocolario de Recepción de autoridades na casa consistorial. A esa mesma hora, abrirá as súas portas a Capitanía Marítima coa exposición "As escrituras góticas e humanísticas na época de Pinzón. caligrafía Histórica e Iluminación medieval". A mesma hora a casa Carvajal presentará "Mostra de Armamento Medieval e Pena Capital" e "Artes de pesca medievais. Mostra Etnográfica".

José Mª Gomez y Gómez, Gran Maestre del Capítulo de Isabel la Católica y Academia de la Hispanidad, brindará a conferencia "Pinzón, Baiona e Isabel la Católica", na Casa Carvajal ás 19:45 horas.

As actividades do venres rematarán no Auditorio V Centenario de Baiona co Concerto Homenaxe aos Pobos Irmás, a cargo do Coro de Homes "Voces baionesas", a Rondalla Virgen de la Roca e a Banda de Música Municipal de Baiona. O concerto comezará ás 21 horas.