A programación do Entroido de Gondomar inclúe como novidade un festival de música electrónica

Imprimir
Ata 6 djs da comarca participarán na actividade, o venres 4 de marzo pola noite.

A Concellaría de Cultura de Gondomar anuncia como principal novidade para os festexos do Entroido municipal a celebración do I Festival Dj Concello de Gondomar. A Concellaría dirixida por Ignacio Troncoso informa que esta iniciativa ten por obxectivo "apostar por actividades de interese para a mocidade, co obxectivo de implicar á mocidade de Gondomar na vida cultural do municipio". O festival terá lugar no Pavillón Municipal o venres 4 de marzo, a partires das 23.00 horas. Participarán Actualmente solo Miguel Sio (Privèe-Vigo), Jesu Nuñez y Joseph Weil, habituais de Pause&Play (Tui), Paradise (Tui), Etnias (Vigo), Sala Zona (Bueu), Wamba (Porriño), Montesol (As Neves), Dj Gabi e Dj Martin. Por último, o guitarrista e solista Rubén de Lis presentará o seu proxecto Guitar House Project.

Programa

A celebración do Entroido de Gondomar dará comezo na mañá do venres 4, coa tradicional marcha escolar dos alumnos de secundaria, primaria e escolar dos centros escolares do municipio. A marcha dará comezo ás 11.00 e percorrerá todo o centro urbano de Gondomar.

O domingo 6 se celebrará a lectura do pregón de Entroido, que este ano correrá a cargo da xornalista e presentadora Carmen Chao (“Desde Galicia para o Mundo”, TVE) e posteriormente terá lugar o desfile - concurso de comparsas de Entroido, que un ano máis encherás as rúas do municipio de cor e troula. A Concellería de Cultura destaca o alto interese mostrado por colectivos veciñais de Gondomar e do seu entorno por este certame. En principio desfilarán 15 comparsas, xa que se cubriron todas as prazas dispoñibles. Será a partir das 16.00 horas.

O luns 7 e o martes 8 a Praza da Alameda acollerá o Entroido dos máis pequenos, con animación e música para todos. O martes haberá desfile de disfraces e chocolate con churros de balde para os nenos participantes. Xa o martes á noite (22.00 horas), a Orquestra Aramio animará a popular verbena de Entroido, que concluirá coa entrega dos premios as comparsas gañadoras no certame do domingo.

O Entroido de Gondomar rematará o mércores 8 co velorio, procesión e enterro de Dona Sardiña, desde ás 19.30 horas.