O club de cómic Lecturas Debuxadas trasládase a Vigo para coñecer a librería Banda Deseñada

Imprimir
melo

Mañá martes, día 15 de febreiro, ás 20:30h, o club de cómic Lecturas Debuxadas organizado pola asociación Espazo Lectura celebra unha sesión especial na libraría viguesa Banda Deseñada. A sesión deste mes trasládase a Vigo para ter un encontro con Melo, libreiro da devandita librería especializada  e colaborador do prestixioso festival Viñetas desde o Atlántico.

Melo falará coas persoas que se acheguen á librería do seu traballo como libreiro especializado en cómics e de todo o relacionado coa creación, edición, lectura e venda de banda deseñada, do que demostra ser un gran coñecedor nas súas colaboracións habituais co portal Culturagalega.org, na sección Melodixit O enderezo da librería é: Rúa Cataluña, 27, Vigo.