Lula Goce presenta a súa instalación A-MAR na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Imprimir
Trátase  dunha intervención efémera realizada especialmente para este espazo pola artista Lula Goce.

Mañá venres 11 de febreiro de 2011 ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición da artista visual LULA GOCE "A-MAR. Cartografías do pasado-presente". Trátase dunha intervención efémera realizada especialmente para este espazo pola artista.

Lula Goce (Baiona, 1976), formada nas facultades de Belas Artes en Salamanca e Barcelona ten un intenso currículo que inclúe experiencias e proxectos de ilustración, deseño gráfico, vídeo-creación e instalación realizados en Galicia, Cataluña, Madrid, México, California, Canadá, Austria e Portugal. Para maior información sobre esta artista visual, natural de Baiona, poden consultar a súa web http://www.lulagoce.com/

O acto será presentado por Fino Lorenzo, coordinador da sala de exposicións da Aula de Cultura "Ponte de Rosas" e contará coa presenza de Lula Goce. Ao remate do mesmo compartiremos uns petiscos coa nosa convidada.

A exposición permanecerá aberta entre o 11 de febreiro e o 10 de marzo e poderá ser visitada, os días laborables, entre as 19h e as 21h.