A Asociación Veciñal Dunas organiza unha excursión a ExpoOurense o próximo 6 de febreiro.

Imprimir
g_01_casa_concello

Achegamos información recibida da Asociación Veciñal Dunas e mais o Concello de Nigrán sobre a excursión a ExpoOurense o próximo 6 de febreiro.

SAIDA: 08:45 horas dende a explanada ou praza da Casa do Concello, en NIGRAN.

CHEGADA: Sobre as 20:00 horas ó mesmo punto de partida.

 

PROGRAMA DA VIAXE EXCURSIÓN:

 

Saída dende Nigrán, comeza a excursión subindo ó autocar ás 09:00 horas e chegada ás 10:00 horas a Ourense. Visita turística ás Burgas, Plaza Maior, Catedral de San Martiño e Capela do Santo Cristo, onde o GUIA da excursión, dará cumprida información sobre todos os lugares visitados.

Traslado o SALON EXPOURENSE FEIRA GASTRONOMICA E TURISTICA DE GALICIA (País invitado este ano, Francia) onde se realizará o xantar. Posteriormente poderase asistir a distintos obradoiros e actuacións do salón ademais de degustacións de distintos produtos, bebidas etc de diferentes comunidades autónomas de ESPAÑA, PORTUGAL E FRANCIA.

Saída de volta cara Nigrán con chegada ó punto de saída (a Praza do Concello)sobre ás 20:00 horas e finalización da excursión.

 

 

PRECIO FINAL QUE INCLUE:

 

IDA E VOLTA EN AUTOCAR DE LUXO + VISITAS TURISTICAS + GUIA TURISTICO + ACCESO Ó PALACIO DE CONGRESOS + XANTAR COMPLETO (aperitivos, primeiro prato, segundo prato, sobremesa, pan de cea, viño Ribeiro e licores) + POSIBILIDADE DE DEGUSTAR DISTINTOS PRODUTOS E DESFRUTAR DE DISTINTAS ACTUACIONS DO SALON GASTRONOMICO, OBRADOIROS(PASTELERIA ETC) + SEGURO VIAXE

 

PRECIO FINAL:

30 EUROS

 

PLAZO PARA INSCRIBIRSE: ATA O 01 FEBREIRO INCLUSIVE (PLAZAS LIMITADAS)

 

INSCRIPCIONS EN AXENCIA DE VIAXES VIRGIN

( CENTRO COMERCIAL ABERTO) A RAMALLOSA.TLF:986353537