Xosé González Martínez protagoniza unha nova TERTULIA do IEM.

Imprimir
xose_gonzalez_martinez

O escritor Xosé González Martínez será o protagonista dunha nova TERTULIA organizada polo Instituto de Estudios Miñoranos. O presidente da Fundación Premios da crítica de Galicia será presentado polo técnico editorial e membro do IEM Xosé M García Crego, hoxe venres ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira nº 10, baixo, Gondomar). Ao remate do faladoiro se realizará unha cea co González Martínez no Pazo da Escola de Mañufe. Os interesados deber facer a reserva no teléfono 680 644 490.

Xosé González Martínez é dende 1979, funcionario do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Redondela. Presidente da Fundación dos premios da Crítica de Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Impulsor da Fundación Galicia Empresa, entidade que persegue a normalización do galego no ámbito empresarial e tamén da Fundación Lois Peña Novo, que entrega anualmente os premios deste nome a entidades xurídicas e persoas que se distinguen polo uso da lingua galega nos ámbitos da vida administrativa e xurídica. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal da editorial Ir Indo da que é tamén asesor literario. Tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.