Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Cabalgata dos Reis Magos volverá a pasar por Nigrán

A Cabalgata dos Reis Magos volverá a pasar por Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Cabalgata dos Reis Magos en Nigrán

Despois de 2 anos sen que os máis cativos poideran desfrutar de tradicional cabalgata, o concello de Nigrán ultima os preparativos para recibir ás Súas Maxestades Reais.

A Festa dos Reis Magos de Nigrán comenzará os días 3 e 4 de xaneiro onde os carteiros reais visitarán as Asociacións de veciñais e Centros Culturais para recoller as cartas aos nenos e nenas.

Así o luns día de 3 de xaneiro ás 16,00 horas estarán no Centro cultural O Torreiro de Priegue de ahí sairán cara Panxón dende as 17.00 horas na Asociación de Vecinos "Monteferro" (Praza A Porquería), en Nigrán e dende as 18.00 os carteiros estarán no propio edificio da Casa Consistorial para de ahí sair cara San Pedro e na "AV A Unión" rematarán o primeiro día de recollida de cartas.

O martes 4 empezarán o percorrido nas Escolas Unitarias de Chandebrito ás 16,00 horas e de ahí visitarán o Centro Cultural de Camos (17.00h.) para finalizar na parroquia de Parada, ás 18.00 no C. Cultural de A Carrasca e ás 18.30 na A.Vecinos Outeiro de Parada.

Cabalgata Real

Será o inicio de tres xornadas dirixidas aos máis pequenos que culminan o día 5 de xaneiro cos actos centrados por unha banda na Cabalgata dos Reis Magos, coa colaboración do "Club Hípico La Muralla" que sairá ás 17,00 horas do Centro da Terceira Idade e A Ramallosa acompañados pola "Rondalla de Santiago de Parada", pola rúa Manuel Lemos continuarán ata o Concello de Nigrán (18,,00) donde as Súas Maxestades serán recibidas polo Alcalde e a corporación municipal e de ahí pola rúa Castelao ata chegar ao Pavillón de Panxón (19,00h.) onde se celebrará unha gran festa e onde os nenos serán recibidos polos Magos de Oriente.

Entre tanto a Cabalgata percorre as rúas do municipio a Festa no Pavillón de Panxón empeza as 17.00 horas sendo o personaxe de debuxos animados Bob Esponja o que reciba a todos os nenos e nenas, o Mago Picu asombrará co seu espectáculo de maxia e a animación, a música e a festa estará asegurada ata que ás 19,00 a Rondalla de Parada de entrada aos Reis Magos de Oriente.