O Bufón do reino, repite en Gondomar

Imprimir
O Bufon do Reino

The Pinga Teatro repetirá a súa representación da obra "O Bufón do Reino" este martes 4 de xaneiro, no auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Os veciños e veciñas que non puideron desfrutar da representación teatral terán unha nova oportunidade para disfrutar da obra “O Bufón do Reino”, de The Pinga Teatro. A representación dará comezo ás 18.00 horas. Esta é a última representación teatral da programación de Nadal do Concello de Gondomar, que continuará o mércores coa Cabalgata de Reis e o xoves co tradicional certame de rondallas, que chega este ano a súa XXIX edición.

Escrita e dirixida por Miquel Condal e protagonizada por María Carrera, “o Bufón do Reino” conta a historia dun rei que perdeu a fala e a capacidade de rir. Unha bufona ofrecerase para axudalo, a cambio de case nada. O prezo da entrada é de 2.5 euros.