O Coro de Voces Masculinas Baionesas e a Rondalla Virxe da Roca actuarán en Gondomar.

Imprimir
concierto_navidad
O Coro Voces Baionesas ofrecerán o vindeiro domingo, 2 de xaneiro, un concerto especial de Ano Novo no Auditorio Municipal Lois Tobío. O concerto está organizado pola Asociación de Mulleres en Igualdade de Gondomar. O recital, no que tamén intervirá a Rondalla Virxe da Roca, será ás 19.30 horas, con estrada gratuíta ata completar aforo. O repertorio incluirá habaneras, panxoliñas e temas clásicos.