O Colectivo Berra Val Miñor organiza CAMOS VOLVE A MOLAR!!

Imprimir
camos-volve-a-molar

O próximo mércores 29 de decembro o Colectivo Berra Val Miñor organiza "Camos volve a Molar!!",  unha xornada de lecer no Centro Cultural de Camos “A Camoesa”. A partir das 20.30 horas terá lugar unha actuación de TEATRO DE SOMBRAS CHINESCAS, que deleitará ós mais pequenos e, porque non, tamén ós maiores. Á noitiña, sobre as 23.00 horas. a música tomará o auditorio do C.C. A CAMOESA nunha "xornada musical aberta", unha xuntanza de músicos miñoranos que improvisarán sobre o escenario ata que “o corpo aguante”.

Unha tarde-noite de festa entre veciños e veciñas para despedir as actividades do Colectivo Berra en este ano 2010.