Martes, 26 Maio. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda “Osofete”, proposta teatral para nenos no Auditorio Luis Tobío de Gondomar.

“Osofete”, proposta teatral para nenos no Auditorio Luis Tobío de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
monecos_OSOFETE

As actividades culturais de Nadal, organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, continuarán mañá martes 28 de decembro coa representación de “Osofete”, da compañía santiaguesa Tirititempo. A función será ás 18.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas serán a 2.5 euros, e venderanse desde unha hora antes na taquilla do Auditorio.

 

“Osofete” é unha historia dirixido a nenos de máis de 2 anos con mensaxe ecolóxica. Segundo a propia compañía, é “un conto para aprender a conservar o medio ambiente, coidar do bosque e sobre todo aprender a aforrar auga”.

 

A obra, escrita e dirixida por Claudia Massoto, que tamén dirixe os monicreques, conta coa participación de Mario Tomás, un dos fundadores da compañía. Tirititempo fundouse no ano 2006. Esta é a sua cuarta producción.

 

A obra conta coa colaboración da Agadic, a Axencia galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.