Domingo, 3 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda I Exposición de Artistas Miñoranos 2010

I Exposición de Artistas Miñoranos 2010

Correo-e Imprimir PDF
Triptico-I-Exposicin-Artistas-Mioranos-2010-1

Hoxe xoves 23 de decembro inaugúrase a I Exposición de Artistas Miñoranos 2010, na primeira planta do Centro da Terceira Idade da Ramallosa, fronte ao cine Imperial. A exposición colectiva e multidisciplinar, organizada en colaboración cos Concellos de Nigrán e de Gondomar, conta con once artistas de diversos estilos e variadas técnicas pero cun punto en común: o Val Miñor. Esta iniciativa, liderada por tres mozos emprendedores de Nigrán, permanecerá aberta ao público ata o próximo 9 de xaneiro. Os horarios de apertura son de luns a domingo de 11 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

Durante máis de quince días, o Centro da Terceira Idade de La Ramallosa, sobre a cafetaría MackinStation, congregará nun mesmo espazo creacións artísticas moi variadas, que van dende o óleo á madeira, pasando por acrílico, láminas, ilustracións, fotografía, ceras sobre cartolina, etc. Creacións clásicas e innovadoras de once artistas diferentes, entre os que figuran Fernando Quesada, Ana Legido, Avó Quesada, Marieta Quesada, Juan Pablo Forti, Gustavo Alonso Piñeiro, Elena Caicoya, Iván Morillas, Víctor Lorenzo, Carla Fernández Andrade e Santi Z.

A iniciativa

Esta iniciativa foi promovida por tres novos amigos e veciños de Nigrán, co obxectivo de "dinamizar socioculturalmente o Val Miñor". Mediante esta exposición preténdese non só ofrecer unha alternativa de ocio para estas vacacións de Nadal senón tamén facilitar aos artistas locais un espazo onde expoñer as súas creacións . "Esta é só a primeira de moitas cousas que queremos facer en e polo Val Miñor, que xa vos iremos contando," afirman os tres organizadores da exposición.