Bo teatro feito en casa: A Escola de teatro de Gondomar estrea “A Illa Amarela”.

Imprimir
palomapedrero

A Escola de teatro do Concello de Gondomar, coordinada desde a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), estreará o domingo 19 de decembro, ás 19.00 horas, a súa primeira obra. Trátase de “A Illa Amarela”. A obra, baseada no texto orixinal de Paloma Pedrero, está dirixida por Marta Crespo, a profesora da escola. O elenco está formado por nenos de entre 12 e 18 anos.

 

A obra propón unha visión irónica e cómica dos problemas da humanidade. A xenofobia, o racismo ou o medo ao diferente son algúns dos problemas que se abordan. A representación será o domingo, ás 19.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío. A entrada é de balde, ata completar aforo.