Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O IEM abre inscricións para o III Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo.

Correo-e Imprimir PDF

obradoirovt2014Neste mes outubro dará comezo un novo obradoiro de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta. Baixo o título "III Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo", 25 persoas poderán participar desta actividade que se desenvolverá durante sete sesións na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, Aula de Cultura Ponte de Rosas na Avenida da Feira Nº10, baixo Gondomar.

O BNG organiza un roteiro pola parroquia de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

barrio da igrexaDentro do programa ‘’Camiña co BNG’’, o BNG Comarcal en colaboración co BNG Nigrán e a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 ten previsto realizar un roteiro, aberto para toda persoa que queira asistir, para coñecer os elementos patrimoniais da parroquia de Chandebrito (Nigrán).

O próximo luns, 5 de outubro, comezan as actividades de Espazo Lectura.

Correo-e Imprimir PDF

casa-da-lectura-2O Contomar, o contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias, inaugurará a nova tempada o luns 5 de outubro, a partir das 6 da tarde na Biblioteca de Gondomar.

Dentro da programación infantil, o mércores 7 de outubro, tamén ás 6 do serán, a Casa da Lectura inicia tempada cunha sesión especial que correrá a cargo da actriz e contacontos Charo Pita, destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias.

Gondomar abre inscricións para catro cursos gratuítos de formación na modalidade en liña.

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza boliDende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa levamos traballando estes sete últimos anos.

Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos, de entre 150 e 50 horas,  e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se conta cun total de 60 prazas que serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpran cos requisitos.

Inaugúrase “Auga e lume”, de Alberto Casuso na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

AlbertoCasuso2O vindeiro venres 25 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a inauguración de "Auga e lume", do plástico Alberto Casuso. A mostra será presentada polo artista Ramón Trigo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar .

A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 20 de novembro. Trala presentación compartirase unha copa de viño e unhas roscas co autor da obra, xentileza da Adega Terras Gauda e a Panadería Copena de Gondomar.

Pase no IEM do filme "Con pés de cemento", unha historia do ladrillo no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

protesta concelloEntre os anos 2007 e 2014 os documentalistas Juan Forti e mais Manuel Pedrosa fixeron un percorrido polo Val Miñor e contorna procurando respostas, pistas que axudaran a entender o fenómeno da "burbulla inmobiliaria" no país. Co eco das protestas que impediron a aprobación do PXOM especulativo de Nigrán de 2007; as resistencias aos intentos de abrir campos de golf e urbanizacións na Serra da Groba e as promesas de milleiros de empregos para levantar Porto do Molle; vai desenvolvéndose o relato do filme documental Con pés de cemento. Obra que teremos o pracer de presentar da man dos seus autores o vindeiro xoves 24 de setembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Gondomar entrega distincións aos hostaleiros gañadores das Tapas do Conde.

Correo-e Imprimir PDF

premiadostpascondeEste luns 21 de setembro tivo lugar a entrega de premios ás mellores tapas do concurso levado a cabo pola Concellería de Formación, emprego e dinamización económica, "As Tapas do Conde" que levouse a cabo nos días 28,29 e 30 de agosto.

Nigrán organiza un curso preparatorio para persoas adultas destinado a obter o título da ESO.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Turismo, Cultura, Xuventude, e Igualdade do Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un curso preparatorio das probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ( E.S.O. ) para persoas adultas. O curso comezará no mes de outubro. Prazo de inscrición dende o 21 de setembro ata o día 6 de outubro.

Pro Lingua denuncia a exclusión da lingua do país da XV Xuventude Galicia Net

Correo-e Imprimir PDF

portal-galicia-netEstes días está a celebrarse en Silleda a maior party informática galega, o Xuventude Galicia Net., que a pesar de levar na cabeceira o nome de Galicia, o galego está ausente de todo o demais.

"De querérmonos inscribir, non podemos facelo en galego; de consultarmos as normas do encontro ou de conectármonos ao seu streaming, unha e outra vez a mesma canción: só castelán", denuncia ProLingua.

Engade que a exclusión da lingua do país tamén ten lugar no portal de Xuventude Galicia Net, "nada de galego, e o mesmo podemos dicir das redes sociais ligadas ao evento".
Matizan que aA exclusión do galego non se deu ata agora, como pode verse no timeline do facebook ou do twitter das anteriores edicións para comprobalo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL