Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

#Gondomar: Empresarios e concello celebran a “3ª Edición de la Fiesta de la Empanada”.

Correo-e Imprimir PDF

Empanadas gallegas-diversiaBaixo o lema "de la masa a la mesa", a asociación de comerciantes OVALMI e mais a concellaría de Turismo gondomareña organizan a "Fiesta de la Empanada" os días 15 ao 17 de maio. Nesta actividade comercial participarán 15 establecementos hostaleiros da vila e 2 da parroquia de Mañufe. Cada un deles ofrecerá unha variedade de empanada especialidade da casa

A crise do emprego no Val Miñor é maior que nas pasadas eleccións muncipais. A mocidade a máis castigada.

Correo-e Imprimir PDF

En abril de 2011 había 15.292 afiliados á seguridade social en toda a comarca do Val Miñor. Iniciábase daquela a campaña electoral cara ás municipais que finalmente levaría ao Partido Popular a gobernar os tres concellos da bisbarra. O eixe da campaña popular centrábase no compromiso de deter a destrución de postos de traballo a través dunha mellor xestión das polítias de emprego e o manexo dos recursos a tal fin. Catro anos despois a crise do emprego non só non mellrou senón que agravouse baixando a 14.665 o número total de afiliacións á seguridade social. Destas 627 afiliacións perdidas, corresponden 201 a Baiona, 73 a Gondomar e 353 a Nigrán.

Os actuais rexedores defenden os datos xustificando unha falta de competencias no eido municipal e a situación de crise nacional.

BNG exixe a Montoro que cumpra as sentenzas e devolva os cartos a emigrantes retornados de Alemaña

Correo-e Imprimir PDF

davila parlamentoA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na que insta ao Goberno a acatar as sentenzas xudiciais e eximir de tributar aos emigrantes retornados con pensións de Alemaña.

A deputada do BNG empraza ao Executivo a, dado o estabelecido nas sentenzas e segundo o Convenio Bilateral, eximir "a todos os emigrantes retornados de ter que tributar polas pensións percibidas de Alemaña antes do 2013, teñen ou non reclamado nos xulgados".

A sobrecarga de traballo deteriora a atención nas Residencias Públicas de Maiores

Correo-e Imprimir PDF

ameganova"Non podemos atender mellor porque o corpo está canso, non por falta de ganas", denuncia unha traballadora

As traballadoras de Residencias Públicas de Maiores arrastran tres anos sen poder librar domingos nen festivos. No 2012, a Lei de Medidas para reducir o déficit público nas Administracións recortou diversos dereitos recollidos no V Convenio para Persoal Laboral da Xunta de Galiza inhabilitando, entre outros, o artigo 19 que outorgaba o 75 por cento das horas realizadas en compensación por traballar domingos e festivos. Isto implica unha perda de entre 20 e 30 días de descanso cada ano e deixa aberta a posibilidade de traballar varios domingos seguidos.

A Rede Galega de Sementes instálase este sábado en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Encontrogondor 015Este sábado 9 de maio a partir das 10 da mañá dará comezo o mercado de sementes que organiza a rede galega. Nese senso, unha mesa de intercambio se instalará diante da Casa do Concello de Gondomar, a tal fin. Ao mesmo tempo, se montará un mercado tradicional no Parque da Coelleira con diversos produtos e actividades ao longo do día.

Os bancos non bloquearán a túa conta este xoves se non teñen o teu DNI

Correo-e Imprimir PDF

ABANCAAs entidades financieras teñen orde do Banco de España de bloquear as contas bancarias de aquelas persoas que non faciliten copia dixitalizada do seu DNI, previo requerimento do banco.

É unha obriga imposta polo Banco de España aos clientes de entidades financieiras, en cumprimento das esixencias fixadas na normativa de prevención de "blanqueo de capitais" e financiación do terrorismo (lei 10/2010).

Xunta pagará aos medios 2,5 millóns en publicidade con fondos da Unión Europea

Correo-e Imprimir PDF

Núñez Feijoo e o editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey | Imaxe GCA Xunta insiste que este gasto millonario en publicidade é para a protección do patrimonio  e da natureza de Galicia. Por iso, o diñeiro que recibirán os medios de comunicación será europeo, procedente do programa operativo Feder Galicia para a “Conservación, protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural”. 

A intención de Turismo é “sensibilizar”, aínda máis, á poboación galega e “aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia”. Estes cartos súmase aos 1,9 millóns de euros que o Goberno de Feijóo lle dará a determinados medios galegos en periodo electoral.

A fenda profunda da crise na economía galega

Correo-e Imprimir PDF

Traballores do sector da construccion imaxe CIGA economía galega está estancada e o país sae da crise con máis lentitude e maior febleza que o conxunto do Estado. Esas son as principais conclusións que o Foro Económico de Galicia (FEG) saca do seu primeiro informe de conxuntura deste ano 2015, no que varios indicadores veñen confirmar e explicar o precario crecemento da comunidade, tal e como indicaron os datos de incremeto do PIB, que foi do 0,5% na autonomía, o peor dato dunha España que medrou un 1,4%, segundo recolle o xornal dixital Praza da Asociación de Medios en Galego.

O Xulgado de Tui absolve a sindicalista da CIG denunciada polo xerente do San Xerome

Correo-e Imprimir PDF

-O xulgado aprecia que a acción denunciada carece de relevancia penal, de acordo coas conclusións do fiscal durante a vista

O Xulgado nº 3 de 1º instancia de Tui acaba de ditar sentenza no xuízo de faltas celebrado o pasado 24 de marzo á sindicalista da CIG-Ensino Marta Dacosta, tras a denuncia presentada polo xerente do San Xerome. A sentenza é de libre absolución para a sindicalista.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL